PROGRAMA
DE SAÚDE E BENESTAR
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Características do programa:
O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites
nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa, coas bebidas incluídas.
Participantes:
· Persoas de 50 ou máis anos.
· Pensionistas.
· Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social
se constate que precisan de respiro familiar.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 30 de Novembro (inclusive).
Se fose preciso, priorizarase as solicitudes segundo a
orde de entrada no rexistro
Documentación a presentar:
· Impreso da solicitude.
· Fotocopia do DNI
- Fotocopia do certificado da
pensión ou do informe social, se é o caso.
Lugar de presentación:
· Rexistro xeral da Deputación.
· Rexistro da delegación da Deputación en Vigo
· Por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/92
Prezos:
· Hespería Isla de la Toja no Grove: 210 euros
· Talaso Atlántico en Oia: 205 euros
· Gran Talaso en Sanxenxo: 205 euros
· Spa Oca Galatea en Sanxenxo: 195 euros
· Carlos I SPA Silgar en Sanxenxo: 190 euros
· Bienestar Moaña Talaso SPA en Moaña: 185 euros
· Norat SPA no Grove: 170 euros
·
Torre do Deza SPA en Lalín: 155 euros