COGAMI
A Confederación Galega de Persoas
con discapacidade (COGAMI) presta os seus servizos para a poboación de Tui no
noso centro, constituíndose nun punto de información e asesoramento laboral,
económico e social para as persoas con discapacidade.
Este servizo resulta moi
proveitoso, pola posibilidade de resolver dúbidas e axudar no desenvolvemento burocrático
que teñen que levar a cabo este sector da poboación, así como por facilitala inserción
dos discapacitados no mundo laboral.
A súa prestación realizase en
diversos días e horas en función da demanda deste servizo.
VETERINARIOS DE SAÚDE PÚBLICA
No centro reside a sede do servizo de Veterinarios de
Saúde Pública para a comarca do Baixo Miño, onde dous inspectores desempeñan o
seu traballo de control de produtos alimenticios, inspeccións en industrias e
minoristas, e a atención ao público no propio centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario