jueves, 26 de octubre de 2017

TECENDO LAZOS 2017

 
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, está levando a cabo o programa “TECENDO LAZOS 2017”, que ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre a través dos cales se pretenden poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
 
O programa desenvolverase durante os meses de setembro a decembro e os obradoiros serán ofertados a través dunha empresa especializada na materia.
 
No programa poderán participar persoas de entre 10 e 99 anos. Terán preferencia aquelas persoas que formen parte da mesma familia que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións
 
Comunicámoslle que o Concello de TUI escolleu un obradoiro da temática RASTREXOS. Actualmente está aberto o prazo de presentación de solicitudes; polo que para maior información, pode poñerse en contacto
-       Co Servizo de Cohesión Social e Xuventude, a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.es
-       Co concello de TUI, a través do correo electrónico olga.ssociais@concellotui.org