viernes, 25 de octubre de 2013

XUNTOS POLO NADAL

NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE CARBALLIÑO (OURENSE) PARA AQUELAS PERSOAS MAIORES QUE SE ATOPEN SOAS, E ASÍ, PODAN PASAR ESTAS DATAS ACOMPAÑADAS.

Do 23 de decembro de 2013 ao
2 de xaneiro de 2014.

Persoas beneficiarias
·      Ser maior de 65 anos
·      Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
· Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin  trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia.
·      Non estar acollido en ningún centro residencial
·      Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
·      Ter que pasar só/a as datas do Nadal.

Documentación
·      Solicitude
·      Declaración responsable
·      Informe social

  
Os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM ( 532,51€) asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES
REMATA O 25 DE NOVEMBRO

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA XUNTA:
http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores

PROMOCIÓN DE SOLUCIÓNS INNOVADORAS SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB:
www.envellecementomaisactivo.eu 

COMITÉ TRANSFRONTEIRIZO DE EXPERTOS/AS EN PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA DEPENDENCIA

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB:
www.envellecementomaisactivo.eu 

jueves, 24 de octubre de 2013


O GRUPO DE PANDERETEIROS ALOIA 
PARTICIPARÁ NO SERÁN QUE SE CELEBRARÁ EN 
CALDELAS DE TUI, O VINDEIRO DÍA 2 DE NOVEMBRO

miércoles, 23 de octubre de 2013

A Coral do Centro Sociocomunitario de Tui participará no
IV CERTAME DE CORAIS, 
que se vai celebrar o vindeiro 2 de novembro de 2013, ás 17:00 horas, no pavillón do colexio Reiban de Moaña con motivo das Xornadas Nacionais de Alcoholismo.   

No serán do pasado día 19 de outubro do Rosal, participou o grupo de pandereteiros “E-dalle” e  foi todo un éxito. 
Agradecemos a organización a súa acollida aos grupos e a estupenda organización.   ¡Os nosos parabéns! 

martes, 22 de octubre de 2013


O GRUPO DE PANDERETEIROS
E-DALLE
PARTICIPARÁ NO SERÁN
 DE CURRÁS, 
O PRÓXIMO DÍA 8 DE NOVEMBRO