jueves, 5 de junio de 2014

PROGRAMA "SAÚDE E BENESTAR" 2014

"Saúde e benestar " 2014




Características do programa:
O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Participantes:
·        Persoas de 50 ou máis anos.
·        Pensionistas.
·        Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 2 de xullo (inclusive)

Documentación a presentar:
·        Impreso da solicitude.
·        Fotocopia do DNI
·        Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.

Lugar de presentación:
·        Rexistro xeral da Deputación.
·        Rexistro da delegación da Deputación en Vigo
·        Por correo
·        No departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
De ser preciso as prazas serán outorgadas atendendo ao orden de entrada no rexistro

Prezos:
·        Os establecementos ofertados, cos seus prezos para os 5 días descontada a subvención da Deputación son:

Balnearios
Prezo
Spa Via Argentum, Silleda
155 €
Spa Nanín Playa, Sanxenxo
155 €
Spa Norat O Grove
170 €
Spa Oca Galatea, Sanxenxo
190 €
Spa Carlos I Silgar, Sanxenxo
195 €
Talaso Atlántico, Oia
205 €
Gran Talaso de Sanxenxo
205 €
Balneario Hesperia Isla La Toja
210 €
Talaso Louxo La Toja
215 €

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario