jueves, 5 de junio de 2014

PROGRAMA "SAÚDE E BENESTAR" 2014

"Saúde e benestar " 2014




Características do programa:
O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Participantes:
·        Persoas de 50 ou máis anos.
·        Pensionistas.
·        Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 2 de xullo (inclusive)

Documentación a presentar:
·        Impreso da solicitude.
·        Fotocopia do DNI
·        Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.

Lugar de presentación:
·        Rexistro xeral da Deputación.
·        Rexistro da delegación da Deputación en Vigo
·        Por correo
·        No departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
De ser preciso as prazas serán outorgadas atendendo ao orden de entrada no rexistro

Prezos:
·        Os establecementos ofertados, cos seus prezos para os 5 días descontada a subvención da Deputación son:

Balnearios
Prezo
Spa Via Argentum, Silleda
155 €
Spa Nanín Playa, Sanxenxo
155 €
Spa Norat O Grove
170 €
Spa Oca Galatea, Sanxenxo
190 €
Spa Carlos I Silgar, Sanxenxo
195 €
Talaso Atlántico, Oia
205 €
Gran Talaso de Sanxenxo
205 €
Balneario Hesperia Isla La Toja
210 €
Talaso Louxo La Toja
215 €

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:

jueves, 29 de mayo de 2014

FESTIVAL DE CORAIS

VIII FESTIVAL DE CORAIS

SÁBADO 7 DE XUÑO 2014
NA IGREXA DE SANTO DOMINGO, ÁS 20:00 H.

PARTICIPARÁN:
GAITEIROS DO MOSTEIRO (PEXEGUEIRO)
CORAL POLIFONICA VAGALUME (OIA)
CORAL ALVEDOSA DE REDONDELA

CORAL DO CENTRO SOCIAL DE TUI


SERÁN EN COVELO

A NOITE DO SÁBADO 31 DE MAIO O GRUPO DE PANDERETEIROS E-DALLE PARTICIPARÁ NO SERÁN DE PARAÑOS (COVELO)

miércoles, 28 de mayo de 2014

O CERTAME DE NOVOS VALORES

Novos Valores 2014

O Certame Novos Valores, convocado anualmente pola Deputación de Pontevedra, pretende impulsar os artistas galegos ou aqueles que residan en Galicia -pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores-, que poden presentarse con obras orixinais que non fosen premiadas en edicións anteriores.

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.depo.es/web/edepo/570


CAMPAMENTOS ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Secretaría Xeral de Política Social, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, convoca as prazas de campamentos específicos para persoas con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, con idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos.
prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño, incluído.

MÁIS INFORMACIÓN: