jueves, 5 de junio de 2014

PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS "COIDARTE" 2014

"Coidarte" 2014




PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2014 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
CONCELLO DE TUI

Características do programa:
Consiste en pasar cinco tardes, de luns a venres, nun dos establecementos escollidos facilitando o transporte desde os concellos ata o establecemento e viceversa. 

Beneficiarios:
·       Persoas maiores de 50 anos.
·       Pensionistas.
·       Aquelas persoas que mediante informe da traballadora social do concello, se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 24 DE XUÑO AO 23 XULLO DE 2014

De ser preciso as prazas serán outorgadas atendendo ao orden de entrada no rexistro

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: 

PROGRAMA "SAÚDE E BENESTAR" 2014

"Saúde e benestar " 2014




Características do programa:
O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

Participantes:
·        Persoas de 50 ou máis anos.
·        Pensionistas.
·        Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 2 de xullo (inclusive)

Documentación a presentar:
·        Impreso da solicitude.
·        Fotocopia do DNI
·        Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.

Lugar de presentación:
·        Rexistro xeral da Deputación.
·        Rexistro da delegación da Deputación en Vigo
·        Por correo
·        No departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
De ser preciso as prazas serán outorgadas atendendo ao orden de entrada no rexistro

Prezos:
·        Os establecementos ofertados, cos seus prezos para os 5 días descontada a subvención da Deputación son:

Balnearios
Prezo
Spa Via Argentum, Silleda
155 €
Spa Nanín Playa, Sanxenxo
155 €
Spa Norat O Grove
170 €
Spa Oca Galatea, Sanxenxo
190 €
Spa Carlos I Silgar, Sanxenxo
195 €
Talaso Atlántico, Oia
205 €
Gran Talaso de Sanxenxo
205 €
Balneario Hesperia Isla La Toja
210 €
Talaso Louxo La Toja
215 €

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:

jueves, 29 de mayo de 2014

FESTIVAL DE CORAIS

VIII FESTIVAL DE CORAIS

SÁBADO 7 DE XUÑO 2014
NA IGREXA DE SANTO DOMINGO, ÁS 20:00 H.

PARTICIPARÁN:
GAITEIROS DO MOSTEIRO (PEXEGUEIRO)
CORAL POLIFONICA VAGALUME (OIA)
CORAL ALVEDOSA DE REDONDELA

CORAL DO CENTRO SOCIAL DE TUI


SERÁN EN COVELO

A NOITE DO SÁBADO 31 DE MAIO O GRUPO DE PANDERETEIROS E-DALLE PARTICIPARÁ NO SERÁN DE PARAÑOS (COVELO)

miércoles, 28 de mayo de 2014

O CERTAME DE NOVOS VALORES

Novos Valores 2014

O Certame Novos Valores, convocado anualmente pola Deputación de Pontevedra, pretende impulsar os artistas galegos ou aqueles que residan en Galicia -pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores-, que poden presentarse con obras orixinais que non fosen premiadas en edicións anteriores.

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.depo.es/web/edepo/570


CAMPAMENTOS ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Secretaría Xeral de Política Social, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, convoca as prazas de campamentos específicos para persoas con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, con idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos.
prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño, incluído.

MÁIS INFORMACIÓN: